HISTORIA

    A orixe da empresa, remóntase ó ano 1.962, cando os irmáns D. Franciso e D. Celestino Lata Carbia, comezaron a comprar, cortar e sacar madeira dos montes a carga de camionetas para logo ser vendida a outras fábricas da bisbarra, que se adicaban a transformación da madeira, sendo a empresa daquela “Irmáns Lata”

No ano 1.967 ditos irmáns, tomaron a iniciativa de alquilar unha pequena fábrica sita en San Miguel de Sarandón, donde posteriormente se instalará a actual empresa. Adicabanse igualmente as tareas forestais, pero tamén comenzaron o proceso de transformación elaborando productos de Pino Galego e Eucalipto..

No ano 1.969, os dous irmáns sepáranse e D. Celestino Lata quedase coa parte do seu irmán e compra a propiedade, ata agora en réxime de alquiler.

No ano 1.987, pasa a ser unha sociedade limitada coñecida como Maderas C. Lata, S.L., sendo D. Celestino Lata Carbia o seu Director – Xerente, adicándose ó comercio nacional e internacional en toda a clase de madeira e na 1ª e 2ª transformación.

No ano 2.006, pasa a formar parte do GRUPO LATA, incorporando novas tecnoloxías na sección de producción.